Ola aventureiros! Como andades?
Eu
un pouco triste porque xa estamos chegando o final desta aventura que comezamos
en Setembro....
Pero xa tendes aquí o noso proxecto
final. Deixámosvolo na etiqueta de “proxecto” todo referido a el para que
poidades velo canto antes. Espero que vos guste moito xa que nos levou moitas
horas de adicación e de esforzo (polo menos a min).
Teño que admitir que o principio non o
vía nada claro, había moitas dúbidas entre nós, sobre como o íamos organizar,
cantas sesións, actividades, que temática escoller e de feito comezamos por
unha temática e o final cambiamos de contidos... e ata de actividades! Pero o final
creo que quedou unha moi boa secuencia didáctica.
Penso que está aquí chega o noso tempo
e é hora de despedirse. Espero de verdade que vos gustasen moito todos os
traballos que fixemos, non só o proxecto senón todo o que realizamos no blog
ata agora.
Lévome deste 1º cuadrimestre desta materia
unha moi boa sensación e un montón de coñecementos novos e o final vai resultar
que non son tan negada disto das TICs jeje
Nada máis, moreas de bicos AVENTUREIR@S!! 💗
No hay comentarios:
Publicar un comentario